É unha técnica herdada do francés calligramme e adoita ser empregada sobre todo en poesía e narrativa infantil.
Ten a consideración de poesía visual.
![]() |
| Apollinaire foi un grande usuario desta técnica. |
Os traballos:
Teredes que realizar dous (ou máis) caligramas inspirados en poemas, cancións, ou calquera outra fonte literaria que sexa do voso interés.
O primeiro será un caligrama de contorno e o segundo un caligrama de dintorno.
O caligrama de contorno é un caligrama no que o texto segue o contorno da silñueta desexada. Para iso seleccionaremos a forma e o texto, e no menú texto escolleremos "poñer no camiño"
Para o caligrama de dintorno ou de contido, que é o que ten o texto fluíndo polo interior da figura, no menú texto, tendo seleccionados tanto o texto coko a figura, escolleremos a opción "emmarcar nun marco" (sí, as traduccións do Inkscape teñen delito)
Precaucións:
En contornos:
Tendes que ter en conta que o texto pode quedar cortado se a figura non é o bastante grande en relación co mesmo. IUso soluciónase ampliando a figura o baixando o tamaño de letra.
En dintornos:
O tamaño do texto non pode ser maior que o tamaño do espazo que vai a ocupar ese texto. Canto máis pequena sexa a letra, mellor encherá os espazos.
Exemplos de carteis con caligramas:



No hay comentarios:
Publicar un comentario