miércoles, 3 de mayo de 2017

PracTICa 14: Tatuaxe Dixital

Para esta práctica usaremos o Gimp e o Inkscape.

1ª Parte- Deseñar a tatuaxe

Primeiro deseñaremos unha tatuaxe imaxinaria co Inkscape, pensando en que parte do corpo iría, que tamaño terá, cor, textura e todo iso.

Se non tendes ideas sobre que deseñar, podedes inspiraros en material que descarguedes da rede.

Idealmente funcionan mellor os textos e as formas sinxelas monocromas, siluetas, contornos, etc... As tipografías que máis se usan son as recargadas e ornamentadas.

Unha vez feito o deseño, exportaremos co fondo transparente a tatuaxe en formato PNG a unha resolución de alomenos 90 ppp

Exemplo de tatuaxe dunha salamandra, que simboliza o lume na tradición


2ª Parte- Tatuar dixitalmente

Tras isto, editaremos unha foto nosa co GIMP modificando a xeometría da tatuaxe para que pareza real mediante as ferramentas Mover, Rotación, Inclinación, Redimensionar (Escalado) e Perspectiva, sobre todo a reixela ou grilla de transformación e os filtros do menú distorsiones.

Unha vez que temos a tatuaxe no sitio desexado, cambiaremos o modo de fusión da capa a multiplicar, ennegrecer, dividir,... segundo o efecto buscado.

espalda onde iría a tatuaxe

Tatuaxe colocada

Máis tatuaxes
3ª Parte-Publicar no Blog

Finalmente, publicaremos no Blog a foto orixinal, a imaxes da ou das tatuaxes, e o arquivo final coa composición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario