lunes, 3 de abril de 2017

PracTICa 12: debuxo con vectores

Na seguinte práctica aprenderedes a debuxar utilizando nodos e vectores no programa Inkscape.

Primeiro teredes que buscar unha imaxe sinxela para copiar, a deixamos nuha capa no programa, abaixo de todo e a bloqueamos. Así non se moverá cando traballemos cos vectores.

Nunha o en varias capas superiores iremos debuxando os camiños dos diferentes obxectos que queiramos copiar do modelo orixinal, utilizando a ferramenta de debuxo de nodos e curvas Bezier.

Unha vez que teñamos o debuxo feito e as capas ordenadas, ocultaremos ou eliminaremos a foto orixinal e gardaremos o traballo nun arquivo SVG. Tamén exportaremos o debuxo no formato png,

No blog na entrada do traballo 12 subiremos a foto orixinal, ben sinalada, e logo o noso png, adxuntando unha ligazón ao arquivo SVG que vos recomendo aloxar no google drive.

E listo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario