Segundo a definición, trátase dunha máquina dixital e electrónica capaz de procesar información seguindo instruccións almacenadas en programas.
Esa definición tan fría faille pouco favor a este trebello que tanto usamos na nosa vida moderna, dende o uso personal ó uso máis social e global.
Nesta ocasión o traballo que vos pido é unha análise do uso que facedes no cotiá dos ordenadores. Cando chegas a casa, se tiveses todo o tempo do mundo... Que uso fas do ordenador? Úsalo para conectarte a redes sociais a través de internet? Para redactar traballos ou buscar información? Ver e ordenar as fotos? Xogar? Deseño? Ve-lo periódico, escoitar música o ver unha película ou videos en streaming? Descargar contidos?Hai tantas e tantas cousas que se poden facer cun ordenador hoxe en día,... describe os usos que lle das, as razóns que te levan a facelo e as ventaxas e inconvintes que lle ves ó asunto.
Fala tamén da túa primeira experiencia cun ordenador, mesmo se lembras o primeiro ordenador que tiveches, si es que tes algún.E describe tamén o que te gustaría aprender a facer cun ordenador, ou as posibilidades de futuro que lle ves.
Tamén podes comentar o impacto que tivo a chegada dos smartphones, as apps e a conectividade móbil na túa vida, e como cambio a forma de comunicarte.
Lembra coidar a redacción do teu traballo e darlle unha coherencia e extensión adecuada para ser un traballo dun nivel como primeiro de bacharelato.
Valoraranse as reflexións maduras e ben levadas, a corrección gramatical e o contexto xeral do escrito.
Publicaredes este texto, dunha extensión media, no voso blog, baixo o nome que ten esta mesma entrada. Lembrade elaborar un texto ao nivel que se se espera de vós coma alumnos de bachallerelato, cunha certa seriedade e corrección.

No hay comentarios:
Publicar un comentario